Presos en Sachsenhausen |
Despois da ducha leváronnos ao barracón da corentena. Estaba rodeado de aramadas e metéronnos a uns douscentos dentro. Aquí aprendimos o básico para sobrevivir. Memorizamos a noso número en alemán e aprendimos a pronuncialo. 'Stillstand' quere dicir "firmes". 'Mützen ab' significa "quítese a gorra" que era cando un oficial se dirixía a nós. Aprendimos a desfilar tamén a desfilar...
Pola noite espertábanos continuamente para formarnos, e antes de saír había que aprender a facer ben a cama. Os toques de queda eran continuos, para inculcarnos disciplina.

Apredimos a desfilar. Lavantábannos unhas dez veces todas as noites. E unha vez espertos tiñamos que facer exercicios no patio. Desfacíannos a cama e tiñamos que volver facela.
Voulle contar unha anécdota. Cando chegamos déronnos de comer ao mediodía, e en vez de servirnos a sopa de rutabaga, déronnos unhas patacas, sen máis. Unhas sete ou oito patacas cocidas con pel. Puxéronnos en fila e servíronnos as patacas na gorra. Un francés quixo servirse dúas veces. Entón o Schlageur (o torturador) levou ao pobre home. Era polaco, non alemán. Saímos fóra e puxéronnos en ringleira. E alí estaba o torturador co seu 'Schlague' (porra de goma). Pero deixou a porra dentro e colleu unha táboa. Matouno a golpes de táboa. Foi o primeiro morto que vin no campo. As bágoas corrían polas nosas meixelas mentres escoitabamos os berros do prisioneiro. Era unha mensaxe para todos: "Se hai alguén que queira aproveitarse e comer dous pratos, sufrirá o mesmo castigo".
A corentena continuaba todos os días da mesma maneira: facer a cama, desfilar ao paso, links, zwei, drei... e así estuvimos tres semanas. Tiñamos fame e sede, non podiamos beber porque a auga non era potable, as malleiras... Algúns camaradas desapareceron para sempre nesta primeira etapa do campo.
E despois chegou o día que saímos do campo. Atravesamos Oranienburg custodiados polas SS. Os zocos martizábannos os pés. Algúns tropezaban e levantábanos a patadas. Os habitantes de Oranienburg cuspíannos ao pasar. Os nenos guindábannos pedras porque a propaganda nazi facíalles crer que eramos criminais. Ata que chegamos a Heinkel, un Kommando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario