martes, 13 de agosto de 2019

Julio Domínguez, de Xacebáns á Resistencia, e a Mauthausen

Magnífico artigo de Ana Mosquera no seu non menos excepcional blog: A sombra do Penegache. Neste artigo fai un percorrido pola vida dun dos deportados ourensáns sobre os que estamos a traballar, natural de Quintela do Leirado, ámbito no que se centra o blog. Desde aquí dámoslle as grazas a Ana polo seu interese, por contactar coa familia de Julio, e por difundir a súa vida o que é unha maneira de renderlle a homenaxe que a democracia española negoulle a el e a todos os seus compañeiros de infortunio nos campos nazis.
Premendo no título da fotografía podedes ler o artigo:
Julio Domínguez o día da súa voda

A listaxe dos ourensáns mortos en Mauthausen

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto