mércores, 30 de maio de 2018

Biografía de Antonio Pérez Pérez

Coa súa muller e filla
Antonio Pérez Pérez naceu nunha pequena aldea do concello ourensán de Boborás, A Costa, na parroquia de San Miguel de Albarellos. A pobreza en que vivía a súa familia obrigouno a emigrar, primeiro a Asturias, e despois a Bayonne, nos anos vinte. Alí contraeu matrimonio con Escolástica, de orixe navarra. En 1931 naceu a súa única filla, Dominique, á que non bautizou. Traballou construíndo estradas e de mineiro, ata asentarse definitivamente en Bayonne como afiador.
Unha vez comezada a II Guerra Mundial integrouse nun grupo comunista da Resistencia contra a ocupación nazi. Ademais de labores de sabotaxe e información, o grupo facilitaba a fuxida de xudeus e pilotos aliados, a través dos Pireneos.

En xaneiro de 1943 foi detido na Operación Escuma de Mar en compañía de Thérèse Manathon, Eladio Crespo, Jacinto Sánchez e Augusto García. Pasou por distintas prisións, de Bayonne e Bordeaux, onde sufriu tortura, ata chegar a Compiegne en xuño.
Carné da Federación de Deportados do seu neto
Foi deportado a Buchenwald o 17 de xaneiro de 1944 nun convoi de case 2000 homes, dos que faleceron a metade. Xunto a el ao viaxaron, nunhas condicións lamentables, 229 españois máis. Ingresou no campo co número 40623 e, despois do período de corentena no 'campo pequeno', pasou ao block 40, no campo principal, onde sobriviviu traballando de carpinteiro. Foi liberado polas tropas de Estados Unidos o 11 de abril de 1945.


Regresou a Bayonne, onde volveu traballar como afiador, no seu posto do mercado. Conseguiu a nacionalidade francesa en 1948, e militou no PCF ata o seu falecemento en 1986. Viaxou ata a terra da súa muller, Navarra, pero nunca regresou a Galicia.
Enquisa realizada polo exército de EE UU ao liberar Buchenwald
  







xoves, 24 de maio de 2018

Biografía de Joaquín Balboa García

Joaquín en maio de 1945,  liberado
Naceu o 22 de agosto de 1908 en  Estevesiños, Ourense
Deportado a  Mauthausen o 3 de abril de 1941 co número 3833
Faleceu en  Estevesiños o 23 de maio de 1994

Membro dunha familia numerosa dunha pequena aldea do concello de Monterrei, situado ao sur da provincia de Ourense, Joaquín, como moitos outros galegos tivo que saír da súa terra para escapar da pobreza. Casou con Julia, veciña do mesmo lugar, e ambos emigraron a Barcelona, onde en 1930 naceu o seu único fillo, Eladio.
En Barcelona Joaquín empregouse como perruqueiro da  Asociació de  Cescs de Catalunya, traballo que despois lle salvou a vida no campo.
En plena Guerra Civil, en setembro de 1937, Joaquín ingresou no corpo de carabineiros, combatendo na fronte de Aragón. Ao caer Catalunya entrou en Francia por Prats de  Molló o 3 de febreiro de 1939.
Confinado no campo de refuxiados de  Barcarés acabou integrándose na Compañía de Traballo 209, destinada na fábrica de armas de  Saint  Florentin (departamento de  Yonne). Alí foi apresado polo exército alemán en agosto de 1940.
No campo para gravar o documental da TVG:
'Mauthausen, regreso ao campo da morte'
Pasou por varios  stalags, ata que en abril de 1941  foi trasladado a  Mauthausen desde  Triérs. Traballou primeiro na canteira, onde a axuda doutro preso librouno dunha malleira, ou da morte, cando caeu baixo o peso da pedra que subía pola escaleira. Un tempo despois deixou a canteira para traballar de barbeiro.
En xuño de 1943 enviárono ao  subcampo de Sant  Lambrecht, un mosteiro  beneditino, no sur de Austria, requisado polos  SS como granxa e lugar de repouso. Traballaba no campo e no monte, mellorando así a súa situación, porque a violencia non era tan brutal e, ademais, podía alimentarse mellor.
O 9 de maio de 1945 tropas inglesas liberaron o campo, pero non regresou a Francia ata o 29 de xuño. Despois de pasar polo Hotel  Lutetia conseguiu traballo nunha granxa preto de  Montauban.
Familiares de Joaquín no acto de homenaxe en Estevesiños
Regresou a Barcelona en febreiro de 1949, onde volveu traballar de perruqueiro. O seu fillo faleceu en 1952. Nos anos sesenta participou na creación da  Amical de  Mauthausen, coa que realizou varias viaxes aos campos. Ao redor de 1975 o matrimonio retornou á súa aldea natal,  Estevesiños, onde pronto faleceu Julia. Joaquín viaxou por última vez a  Mauthausen en 1989, convidado pola Televisión de Galicia, para gravar o programa "Mauthausen: regreso  ao campo dá  morte", xunto a outro sobrevivente galego,  Enrique Doval.
En agosto do 2016 a Asociación Cultural: Monterrei, Cultura e Territorio, organizou unha homenaxe a Joaquín. A corporación municipal declarouno "Fillo predilecto de Monterrei", celebráronse unhas xornadas sobre "Exilio e  Deportación" e inaugurouse un monumento na súa honra. Ademais, unha exposición baseada na súa peripecia vital e a doutro preso, Antonio Pérez, púxose a disposición dos centros educativos e culturais, co título "Exilio e Deportación. De Monterrei e Boborás  aos campos nazis".

venres, 11 de maio de 2018

Prisionero 4049, el ourensano que pudo superar el infierno nazi

La Region, Elisabet Fernández, 27-1-2018

Albino González, luchador republicano, estuvo cinco años en el campo de concentración de Mauthausen

Albino González, sentado, na Guerra Civil en Castellón
La "escalera de la muerte" tiene 186 peldaños y está en Mauthausen. Los prisioneros que la subían en varios viajes diarios cargaban piedras de la cantera, uno de los trabajos más duros del campo de concentración nazi, un infierno en el que se dejaron la vida 81.000 personas. Allí estuvo cinco años Albino González, natural de San Miguel de Mones, una aldea de A Rúa. El prisionero número 4049 sobrevivió. 
"El contaba pouco porque foi comisario político e estivo perseguido polo franquismo ata o final. Na casa explicaba aos amigos cousas do campo, da vida alí", cuenta Xesús González Gómez, su hijo.
Albino González combatió en el ejército republicano durante la Guerra Civil. Se exilió a Francia en el 39 y estuvo interno en Argelés. Cuando estalla la Guerra Mundial se alista al ejército francés, pero los alemanes le detienen en 1940 y lo envían en tren al infierno, que duró un lustro.  Con el recuerdo de su novia ibicenca, "Marujita", a la que conoció durante la Guerra Civil, resistió en Mauthausen como jefe de barracón. "Era o responsable clandestino. Os alemáns dábanche de comer si traballabas. Rompías vinte pedras e dábanche de comer. Ao que rompía solo dez porque lle daba a gana, meu pai tiña a responsabilidade de dicirlle que ao día seguinte íalle pasar algo raro", explica su hijo.
“Que día é hoxe?"
"Meu pai contaba que cando o 'capo' que pasaba a lista entre os prisioneiros preguntaba: Que día é hoxe?, quen non o sabía levaba unha patada ou pegábanlle unhas ostias", cuenta el hijo, que se enteró de esta etapa vital de su padre cuando era niño. "Na miña casa sempre se falou da Guerra Civil. Cando meu pai estaba na Rúa tratábano de comunista. Era un tío forte. Ao do campo de concentración non lle daba importancia, ademáis que moita xente non lle cría que estuvera alí".
Pero Albino González estuvo allí, en el horror de Mauthausen. "Contaba tamén que non querían ir á enfermería, porque sabían que aquilo era a morte segura".
Cinco años después, fue liberado con la entrada del ejército de Estados Unidos. El 5 de mayo de 1945, un Albino en los huesos volvió a Francia para escribir a su amada dos meses después, pero ella quemó casi toda la correspondencia: " Yo creo que muy pronto te podré abrazar, pues al final todo llega", dice esperanzado en una de las misivas, que envió a través de la Cruz Roja y que su hijo, escritor y crítico literario, recuperó hace unos años en un apartamento que tenían en Ibiza. "Son cartas dun home que estivo cinco anos esperando a saber algo da súa moza, ata que o soubo", explica el fruto de la pareja.
El abrazo llegó, pero dos años más tarde. María Gómez se casó con Albino González en 1947 y construyeron su vida en A Rúa. "Meu pai foi empresario dunha fábrica de chocolate, xunto a Xosé Quiroga Suárez e outro socio".
El hijo huye de homenajes. "Un recordo, en todo caso. Unha homenaxe negaríame eu e sei que meu pai tampouco o querería. O homenaxe faise ás vítimas do fascismo. El foi un loitador que perdeu e pagou por perder". Como él, otros 33 ourensanos fueron deportados a campos nazis. Hoy es el Día Internacional en Conmemoración de las víctimas del Holocausto. El Parlamento gallego aprobó el miércoles la declaración en memoria de los que vivieron y murieron en el horror.

Ourensanos en el horror del Holocausto: 34 destinos

Un total de 179 gallegos fueron víctimas del Holocausto en los campos de concentración nazis. Entre ellos, 34 ourensanos, con destinos dispares: "fallecido", "liberado", "evadido", simplifican las bases de datos el porvenir de los prisioneros. Como Albino, otros nueve ourensanos más de toda la provincia fueron liberados.
Fallecieron veinte: José García Rodríguez,  Manuel Yebra Dacoba, Julio Rajó Lorenzo, Antonio Villar Febrero, Isauro González Prada, Tiberio Fernández Lorenzo, Jesús Vázquez Valdominos, Avelino Pérez Rodríguez, Abilio Álvarez Bernardo, Antonio Diéguez Blanco, Benedicto Folla Arias, Ramón Conde Ramos, Antonio Araújo González, Manuel Soutullo Iglesias, Antonio Vázquez González, Eligio Formoso Fernández, Jesús Fernández Rodríguez, Demetrio Rey Domínguez, Magin Pérez López y Alberto Suárez Gallego.
De cuatro no se supo nada nunca más: Antonio Pérez, Francisco Cortez, Francisco Iglesias Fernández y Santiago Durán Durán.

“Cartas a la novia", la esperanza viva
Cuando Albino González salió liberado de Mauthausen, María Gómez, su "Mari" o "Marujita", seguía en su mente. Tras un lustro sin saber de la novia que conoció en la Guerra Civil, envió desde Francia decenas de misivas. Ella quemó la mayoría, según afirma su hijo en común.
Las que guardó, fueron recopiladas por su hijo en el libro "Cartas a la novia". Son misivas en las que el horror está escondido, entre líneas, y la esperanza de volver a ver su amada lo centra todo:  "Aún vivo, y  vivo pensando en ti. En la lucha tan larga y dura que se me ha impuesto para vivir, no he olvidado, por ello, el recuerdo de un ser que me ha sido siempre querido", se lee en un fragmento. Dos años después, en 1947, se casaron.

xoves, 10 de maio de 2018

martes, 8 de maio de 2018

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces, e Libro Memorial. De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña) 


  1. ÁLVAREZ BERNARDO, Abilio
  2. ARAUJO GONZÁLEZ, Antonio
  3. BALBOA GARCÍA, Joaquín
  4. BLANCO VALCÁRCEL, Serafín
  5. CIFUENTES RODRÍGUEZ, Antonio
  6. CID OUTOMURO JOSÉ
  7. CONDE RAMOS, Ramón
  8. CORTÉS MARTÍNEZ, Francisco
  9. DIEGUEZ BLANCO, Antonio
  10. DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ, Julio
  11. DURÁN DURÁN, Santiago
  12. FERNÁNDEZ CID, Eliberto
  13. FERNÁNDEZ LORENZO, Tiberio
  14. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Jesús
  15. FOLIA ARIAS, Benedicto
  16. FORMOSO FERNÁNDEZ, Eligio
  17. GALÁN RODRÍGUEZ, Isaías
  18. GARCÍA RODRÍGUEZ, Francisco
  19. GARCÍA RODRÍGUEZ, José
  20. GONZÁLEZ GONZÁLEZ, Albino
  21. GONZÁLEZ PRADA, Isauro
  22. GONZÁLEZ VICENTE, Amancio
  23. IGLESIAS GONZÁLEZ, Francisco
  24. IGLESIAS GRANDE, Luis
  25. LÓPEZ MARTÍNEZ, Manuel
  26. MOSQUERA GONZÁLEZ, José
  27. PÉREZ, José
  28. PÉREZ LÓPEZ, Magín
  29. PÉREZ PÉREZ, Antonio
  30. PÉREZ RODRÍGUEZ, Avelino
  31. PIÑEIRO CONDE, Egidio
  32. RAJÓ LORENZO, Julio
  33. REY DOMÍNGUEZ, Demetrio
  34. RIVADA NOVOA, José
  35. RIVERA PÉREZ, Francisco
  36. RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, Higinio
  37. RODRÍGUEZ OLLERO, Verísimo
  38. RODRÍGUEZ PÉREZ, Nicolás
  39. SOUTOLLO IGLESIAS, Manuel
  40. SUÁREZ GALLEGO, Alberto
  41. VÁZQUEZ BALDOMINOS, Jesús
  42. VÁZQUEZ ESTÉVEZ, Jaime
  43. VÁZQUEZ GONZÁLEZ, Antonio
  44. VÁZQUEZ GONZÁLEZ JOSÉ
  45. VILLAR FEBRERO, Antonio
  46. YEBRA DACOBA, Manuel

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto