xoves, 22 de novembro de 2018

Gusen, o matadoiro

Estamos a investigar o periplo vital de 36 homes ourensáns. De catro deles non sabemos cal foi o seu destino, se saíron ou non con vida dos campos. Dos outros 32 restantes, 20 morreron nos lager nazis, o 62,5%. Destes vinte falecidos dos que temos constancia, 16 morreron no campo de Gusen, a uns cinco quilómetros do campo central de Mauthausen. Todos perderon a vida, tamén os dous que feneceron no campo central e os outros dous no castelo de Hatheim, nos anos 1941 e 1942.
Na ligazón de abaixo tedes máis información sobre este lugar de morte, cuxo cualificativo reflicte fielmente o que alí aconteceu. Acompañamos este artigo con fotografías tiradas nunha viaxe a Gusen realizada este verán. Onde estaba o campo agora hai unha urbanización, pero si levantaron un memorial, pequeno, pero cheo de emotivas adicatorias.

http://deportados.es/hechos-gusen







Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto