O señor Álvarez Bernardo
entrou no campo de concentración de Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, nun
transporte de 1506 presos españois procedentes do Stalag (campo de prisioneiros
de guerra) XI-B en Fallingbostel. Foi rexistrado coa profesión de
"bergmann" (é dicir, mineiro). En Mauthausen asignóuselle o número
5620 e foi clasificado como "rotspanier" (rojo español).
Moitos republicanos españois
que foron detidos nos campos franceses despois de cruzar a fronteira de España,
entraron no exército francés en 1939-40, e cando as tropas alemás ocuparon
Francia en xuño de 1940, foron convertidos en prisioneiros de guerra pola
Wehrmacht, coma os franceses e polacos no exército francés. Todos os
republicanos españois que foron encerrados en stalags, foron separados dos seus
compañeiros do Exército Francés e foron entregados pola Wehrmacht á policía
secreta da Estado, a Gestapo, co acordo de Franco e Petain.
Máis de 7.000 españois e
membros das Brigadas Internacionais, que loitaron pola República Española,
foron enviados aos campos de Mauthausen e Gusen. En 1942, 4.400 destes prisioneros
morreran.
Segundo a información da nosa
base de datos, Abilio Álvarez Bernardo foi posteriormente trasladado ao castelo
de Hartheim, onde faleceu o 2 de febreiro de 1942. O traslado a Hartheim indica
que o prisioneiro converteuse en vítima da chamada "14 f 13". Este
nome refírese á selección e matanza por gas velenoso de prisioneiros que non
eran aptos para traballar ou "indesexables" por motivos políticos ou
raciais. Despois da chegada a Hartheim, eran asasinados nas cámaras de gas nas
próximas horas.
O nome de D. Álvarez Bernardo
está incluído na "Sala dos nomes - Os mortos do CC de Mauthausen
Ningún comentario:
Publicar un comentario