A exposición que fixemos, como consecuencia da homenaxe a Antonio Pérez e Joaquín Balboa, tivo unha acollida moi favorable nos centros educativos nestes dous cursos. Hai uns días finalizou o seu percorrido por Galicia nun marco inmellorable: o IES de Celanova, dentro do proxecto da Biblioteca escolar sobre 'Guerra e Paz'.
Xa temos algunhas datas reservadas para o curso próximo, pero agora cómpre darlle as grazas aos profesores e alumnos dos centros que, este curso, recorreron a nosa exposición para difundir a historia dos nosos deportados:
- IES de Melide- IES Maximino Romero de Baio
- IES García Barros da Estrada
- IES Escolas Proval de Nigrán
- IES Politécnico de Vigo
- IES de Mugardos
- IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra
- IES Nº1 de Ordes
- IES Fonmiñá da Pastoriza
- IES Xulián Magariños de Negreira
- CPI Antonio Orza do Forte (Boqueixón)
- IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova
Fotos de Celanova e Negreira (con alumnos)
Ningún comentario:
Publicar un comentario