Coa súa muller e filla |
Antonio
Pérez Pérez naceu nunha pequena aldea do concello ourensán de Boborás, A Costa,
na parroquia de San Miguel de Albarellos. A pobreza en que vivía a súa familia
obrigouno a emigrar, primeiro a Asturias, e despois a Bayonne, nos anos vinte.
Alí contraeu matrimonio con Escolástica, de orixe navarra. En 1931 naceu a súa
única filla, Dominique, á que non bautizou. Traballou construíndo estradas e
de mineiro, ata asentarse definitivamente en Bayonne como afiador.
Unha vez comezada a II Guerra Mundial integrouse nun grupo comunista da Resistencia contra a ocupación nazi. Ademais de labores de sabotaxe e información, o grupo facilitaba a fuxida de xudeus e pilotos aliados, a través dos Pireneos.
En xaneiro de 1943 foi detido na Operación Escuma de Mar en compañía de Thérèse Manathon, Eladio Crespo, Jacinto Sánchez e Augusto García. Pasou por distintas prisións, de Bayonne e Bordeaux, onde sufriu tortura, ata chegar a Compiegne en xuño.
![]() |
Carné da Federación de Deportados do seu neto |
Regresou a Bayonne, onde volveu traballar como afiador, no seu posto do mercado. Conseguiu a nacionalidade francesa en 1948, e militou no PCF ata o seu falecemento en 1986. Viaxou ata a terra da súa muller, Navarra, pero nunca regresou a Galicia.
![]() |
Enquisa realizada polo exército de EE UU ao liberar Buchenwald |
Ningún comentario:
Publicar un comentario