Joaquín en maio de 1945, liberado |
Naceu o 22 de agosto de 1908 en Estevesiños, Ourense
Deportado a Mauthausen o 3 de abril de 1941 co número 3833
Faleceu en Estevesiños o 23 de maio de 1994
Membro dunha familia numerosa dunha pequena aldea do concello de Monterrei, situado ao sur da provincia de Ourense, Joaquín, como moitos outros galegos tivo que saír da súa terra para escapar da pobreza. Casou con Julia, veciña do mesmo lugar, e ambos emigraron a Barcelona, onde en 1930 naceu o seu único fillo, Eladio.
En Barcelona Joaquín empregouse como perruqueiro da Asociació de Cescs de Catalunya, traballo que despois lle salvou a vida no campo.
En plena Guerra Civil, en setembro de 1937, Joaquín ingresou no corpo de carabineiros, combatendo na fronte de Aragón. Ao caer Catalunya entrou en Francia por Prats de Molló o 3 de febreiro de 1939.
Confinado no campo de refuxiados de Barcarés acabou integrándose na Compañía de Traballo 209, destinada na fábrica de armas de Saint Florentin (departamento de Yonne). Alí foi apresado polo exército alemán en agosto de 1940.No campo para gravar o documental da TVG: 'Mauthausen, regreso ao campo da morte' |
En xuño de 1943 enviárono ao subcampo de Sant Lambrecht, un mosteiro beneditino, no sur de Austria, requisado polos SS como granxa e lugar de repouso. Traballaba no campo e no monte, mellorando así a súa situación, porque a violencia non era tan brutal e, ademais, podía alimentarse mellor.
O 9 de maio de 1945 tropas inglesas liberaron o campo, pero non regresou a Francia ata o 29 de xuño. Despois de pasar polo Hotel Lutetia conseguiu traballo nunha granxa preto de Montauban.Familiares de Joaquín no acto de homenaxe en Estevesiños |
En agosto do 2016 a Asociación Cultural: Monterrei, Cultura e Territorio, organizou unha homenaxe a Joaquín. A corporación municipal declarouno "Fillo predilecto de Monterrei", celebráronse unhas xornadas sobre "Exilio e Deportación" e inaugurouse un monumento na súa honra. Ademais, unha exposición baseada na súa peripecia vital e a doutro preso, Antonio Pérez, púxose a disposición dos centros educativos e culturais, co título "Exilio e Deportación. De Monterrei e Boborás aos campos nazis".
Ningún comentario:
Publicar un comentario