luns, 20 de xaneiro de 2020

Exposición de Boix en Ourense

A exposición sobre o deportado republicano máis coñecido, Frances Boix, é unha oportunidade magnífica para dar a coñecer a historia dos 46 deportados ourensáns aos campos nazis. O testemuño de familiares, coa presentación de casos para a querela arxentina, a conferencia, a proxección do documental, do que é protagonista o ourensán Joaquín Balboa, e a propia exposición, permitíranos coñecer as características da deportación e, tamén, renderlle homenaxe a todas estas persoas, tan inxustamente silenciadas e ignoradas. É un deber moral, para que o seu padecemento non sexa inútil.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto