Subcampo S III de Ohrdruf |
Eliberto Fernández-Cid, nacido o 4 de
decembro de 1914, en Aguasantas (Ourense), foi trasladado do campo de
concentración de Dachau ata o subcampo de Buchenwald "S III", situado
preto da cidade de Ohrdruf, Turingia, o 30 de xaneiro de 1945.
De
acordo cos documentos dispoñibles por nós, el estivo detido en Dachau desde o 9
de novembro de 1942, despois de estar no campo de concentración de Mauthausen
desde o 19 de decembro de 1941. O seu número de preso en Dachau fora 38905. Nos
libros de Buchenwald, foi rexistrado co número de internado 131316 e nas
categorías de presos "políticos" e "españois" ("Polit.
Spanier"). Desafortunadamente, non temos ningún documento que poida
proporcionar información sobre o que lle pasou despois de chegar ao Campo
"S III".
O Campo Pequeno de Buchenwald |
Francisco Cortez, segundo os documentos
de Buchenwald naceu o 25 de novembro de 1903, en Ourense. Foi levado a
Buchenwald nun transporte desde Compiègne, chegando o 29 de xaneiro de 1944.
Foi detido pola policía en Tours o 4 de decembro de 1943. O seu último lugar de
residencia foi Burdeos, e a súa nai Cándida Martínez viviu en Calvos de Randín
(Ourense).
Á
chegada a Buchenwald, Francisco Cortez foi rexistrado como preso político
español ("Polit. Spanier") e foille asignado o número de interno
43539. Inicialmente, estaba aloxado no bloque 61 do chamado Campo Pequeno, pero máis tarde foi
trasladado ao bloque 10 do campo principal. Foi destinado ao destacamento
laboral número 30 (descarga de material na fábrica de armas Gustloff II situada
en Buchenwald) o 3 de xullo de 1944, antes de ser levado ao subcampo
Halberstadt a traballar para na fábrica Junkers Flugzeug-Werke o 12 de setembro
de 1944. O 22 de febreiro de 1945 foi trasladado de Halberstadt ao subcampo de
Buchenwald Langenstein Zwieberge (tamén coñecido como "Malachyt" ou
"B II"). Desafortunadamente, non temos ningunha información máis
relacionada co seu paradoiro.
Antigo campo de Abteroda |
Francisco Iglesias González, nacido o
17 de setembro de 1917, en San Tomé (Ourense), viviu en Burdeos, onde foi
detido pola policía o 17 de abril de 1944. Foi trasladado de Dachau ao subcampo
de Buchenwald Eisenach (co nome en código de "Emma") o 29 de xullo de
1944, e foi oficialmente rexistrado en Buchenwald co número 75357 o 31 de xullo
de 1944. O seu número de preso de Dachau fora 73570. Poucos días despois da súa
chegada a Eisenach, Francisco foi levado a outro subcampo de Buchenwald na vila
de Abteroda, Turingia. Aquí foi un dos traballadores forzados da BMW,
fabricando pezas de avión. Francisco traballou como perforador. Síntoo, pero non
temos máis información sobre el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario