Abilio Álvarez Bernardo, de Entrimo, durante a Guerra foi membro do Cuerpo de Carabineros. Rematou a sú vida no castelo de Hartheim, con só 24 anos.
Serafín Blanco Valcárcel, de Ourense, era afiliado da UGT e das JSU (Juventudes Socialistas Unificadas), resultado da fusión das xuventudes do PSOE e o PCE en marzo de 1936. Foi liberado no campo de Sachsenchausen.
Antonio Araújo González, tamén de Ourense e afiliado da UGT, evadiuse ao sector republicano o 5 de novembro de 1937. Rematou a súa vida en Gusen aos 24 anos.
Ramón Conde Ramos, de Maceda, foi Guardia de Seguridad Uniformado do 1º Grupo de Asalto (policía)en Barcelona, e do 22 Grupo de Asalto, en Madrid. Asasinado en Gusen, aos 31 anos.
Santiago Durán Durán, de Ribadavia, pertenceu ao 2º Batallón das Milicias Confederales, da Región Centro nas que ingresou xa o 6 de agosto de 1936, en Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario