Intervencións homenaxe Entrimo, 8-5-2021 by Deportados Ourense on Scribd
DeportadosOUrense
Blog dedicado ao recordo dos deportados ourensáns aos campos nazis
luns, 31 de maio de 2021
luns, 10 de maio de 2021
martes, 4 de maio de 2021
martes, 23 de febreiro de 2021
Honorio Pérez González, de Calvos de Randín: Mort pour la France
PEREZ GONZALEZ Honorio
Daniel Grason
Nado o 23 de novembro de 1913 en Calvos de Randín na provincia de Orense en Galicia (España), executado o 27 de xullo de 1944 preto do lugar de Vaugeton (Vienne); transportista; comunista; internado; resistente.
Fillo de José e Manuela, Honorio Pérez González viviu en España, onde foi membro da UGT como peón. Cando os exércitos republicanos se retiraron de Catalunya, pertencía á 8a brigada de infantería de Madrid.
Entrou en Francia en febreiro de 1939, foi internado no campo de Argelès-sur-Mer (Pirineos Orientais), logo no de Barcarès ata decembro de 1939. Incorporado a unha Compañía de Traballadores Estranxeiros (CTE), a finais do ano 1940, foi posto ao servizo das autoridades alemás en Nantes e exerceu a profesión de canteiro na empresa A. Dodin situada en Bouguenais. Aloxábase cun particular.
O 5 de xullo de 1942, mentres estaba hospitalizado por enfermidade no Hôtel-Dieu de Nantes, foi detido pola policía nacional por participar na reconstitución do Partido Comunista de España clandestino en Francia, "xefe da celula do PCE clandestino de La Montagne ”, unha aldea situada a 15 km ao oeste de Nantes.
Honorio Pérez González recoñeceu ter estado en contacto con Bautista López Quiroga que lle encomendou a misión, como xefe de célula, de recoller as cotas doutros dous españois, Cesar Álvarez Feijóo e Ramón Castellví Ferrando, que traballaron con el, pero que fuxiron a principios de xullo.
Trasladado a París por incumprimento da lei do 26 de setembro de 1939, a Sección Especial do Tribunal de Apelación de París absolveuno o 11 de decembro de 1943. Non obstante, dous días despois, cos seus compañeiros, foi internado na prisión de Tourelles, en París, considerado como "individuo dubidoso susceptible de constituír no futuro un elemento de desorde para a orde interna".
Considerado sospeitoso, entregado á prefectura de policía, considerouse unha medida de expulsión a España o 7 de febreiro de 1944. Honorio Perez Gonzales foi trasladado o 7 de maio de 1944 ao campo de internamento de Rouillé (Vienne).
Os resistentes liberaron a corenta e seis internados na noite do 10 ao 11 de xuño de 1944, Honorio Pérez Gonzales uniuse ao maquis de Saint-Sauvant (Vienne), e participou en accións contra o exército alemán. Na mañá do 27 de xuño, unha columna motorizada de máis de 1.500 SS, Wehrmacht e Milicia rodeaba o bosque. A aldea de Branlerie, sede dos maquis, foi queimada.
Cinco combatentes da resistencia morreron coas armas na man. Ao final da tarde, vinte e cinco homes golpeados con culatas foron executados ao bordo dunha estrada nun lugar chamado Vaugeton. Entre eles había nove españois que escaparan de Rouillé: Luis Gómez Castaño, Juan Hernandez Rodriguez, Antonio Serra Clariani, Honorio Pérez Gonzalès, Ricardo Rojas Gil, Santiago Marruedo Fraile, Raphaël Massa Andreu, Ángel Sánchez García e Vicente Rossel Barrachina.
Honorio Pérez Gonzales está enterrado na necrópole de Sainte-Anne-d´Auray (Morbihan).
Foi declarado "Mort pour la France".
Construíuse un monumento na estrada departamental 7, preto do lugar Vaugeton (Vienne): “En memoria dos gloriosos soldados sen uniformes que caeron neste lugar o 27 de xuño de 1944 pola Paz e a Liberdade. Masacrados polos nazis. Morreron por Francia e a liberdade”.
SOURCES : Arch. PPo. 77W 454. – Site Internet Vienne Résistance Internement Déportation (V.R.I.D.). – Carlos Fernandez, De la Guerre d’Espagne...à la résistance, Nantes, Comité départemental du souvenir des fusillés de Châteaubriant et Nantes et de la Résistance en Loire-Inférieure, 2010 . – Notes Annie Pennetier. – Site Internet GenWeb. – Notes et photographies de Jean-Pierre et Jocelyne Husson. – Nos remerciements à Luis Garrido Orozco pour les informations qu’il nous a fait parvenir.
________________________________________
Pour citer cet article :
https://maitron.fr/spip.php?article143951, notice PEREZ GONZALEZ Honorio [écrit parfois PEREZ GONZALÈS] par Daniel Grason, version mise en ligne le 3 janvier 2013, dernière modification le 16 janvier 2021.
x
domingo, 10 de maio de 2020
martes, 5 de maio de 2020
mércores, 15 de abril de 2020
Era la noche, entrevista a Pedro Martín, supervivente de Sachsenhausen (6)
KOMMANDO HEINKEL
A fábrica Heinkel fundouse en 1936, como un
anexo de Sachsenhausen, era o seu principal Kommando, cuns sete mil detidos de
media alí confinados.
Un Kommando é un campo de concentración rodeado
de aramadas electrificadas, torres de vixianza con metralletas e faros que
vixían toda a noite as rúas do campo. E alí estaba a fábrica de aviación. Os
verdes (color do distintivo dos criminais) que nos controlaban eran iguais de
crueis cos SS.
Fugarnos era imposible. Sempre vestidos co
uniforme a raias, pelados, os kapos…
No campo principal non había fábricas, aínda
que máis tardes enterámonos de que houbo unha fábrica onde falsificaban
billetes para arruínar a economía dos Aliados. Tamén me enterei despois, cando
fun de peregrinación en 1985, de que había unha cámara de gas.
Nas aramadas e postes había letreiros que
puñan: ‘Verboten für Häftling’ (prohibido para prisioneiros). Ás veces os
propios gardas animábante a cruzar e matábante. Sabiamos que cada vez que se
fugaba un prisioneiro, todo o campo era castigado con ‘chamadas’ interminables,
aínda que chovese ou nevase… tiñamos que soportar en pleno inverno un frío
glacial, con camaradas que caían desmaiados ao chan.
Un block era un barracón de cemento e de
madeira onde dormiamos e comiamos. O dormitorio eran liteiras de tres niveis
superpostos, e cando se metían máis prisioneiros compartían unha liteira dous.
Cada un tiña un cobertor e unha especie de almofada, non todos. No comedor
había un curruncho reservado aos kapos que vixiaban aos prisioneiros, e outro
para o xefe do block, o Blockältester. Nos bloques había unha estufa que apenas
quentaba e ás veces non había nada. Fóra tiñamos un tonel de douscentos litros.
Isto era o WC, para uns douscentos homes.
Nos comedores había mesas grandes e cada un
tiña unha cunca, unha culler, e nada de garfos nin coitelos. Non había carne
que pinchar. A cunca e a culler ían atadas á cintura por unha corda, polo día,
e pola noite baixo a cabeza.
A hixiene dependía do bloque. Por exemplo, no
barracón 23 non había lavabo. Só tiñamos un tubo partido en dous, baixo o que
nos puñamos totamente espidos, con auga fría no verán e no inverno. Só podiamos
asearnos pola mañá. Levantabámonos sobre as 5,30, tomabamos o ‘café’, lavabámonos
e ás 6 era a chamada a revista. Era unha ducha sen xabón e secabámonos cun
anaco de papel azul a cadros, aínda o vexo! Os domingos non se traballaba,
podiamos baixar ao soto do barracón cinco onde había lavabos de auga fría.
Na fábrica traballabamos setecentos ou
oitecentos homes en grandes salas. Eu traballaba de soldador. Cando saiamos da
desinfección, ao chegar, preguntárannos cal era o noso traballo. Era importante elixir ben para non caer nos Kommandos exteriores, moito máis duros. Na fábrica non facía
moito frío e, ademais, co soprete podiamos matar ás pulgas. Hai que
saber apañarse cando un é prisioneiro! É cuestión de vida ou morte!
No Kommando Heinkel traballabamos para a aviación.
Sacabamos tres avións cada dous días. Eran bombardeiros, que ían bombardear
Inglaterra. Había soldadores de todas as nacionalidades: franceses,
rusos, españois…, centos de persoas vixiadas por un kapo polaco e por un ‘Vorarbeiter’
(un prisioneiro axudante).
A cada un dos soldadores se nos asignaba un
selo cun número. Eu creo que tiña o vinteún. E as pezas que tiñamos que soldar
ían marcadas co noso selo e número. Polo tanto, se facías varias pezas mal, e
te pillaban, fusilábante.
Antes de desinfectar a roupa, cando tiñamos
pulgas, matabámolas co soprete. As pulgas caían ao chan e esmagábamolas.
Traballabamos doce horas de día ou doce horas
de noite. O único que tomabamos era un ‘café’ pola mañá, auga quente
tinxida de negro. Ás veces quedaba un pouso no fondo e iso enchíanos algo o
estómago. Ao mediodía comiamos un cuarto de quilo de pan cunha culleriña de
margarina e pola tarde o litro de sopa de rutabaga.
Había xente que era quen de gardar algo. Eu
nunca puiden, morriámonos de fame. Cando comiamos ben era cando os compañeiros
nos contaban a súa comida preferida… Pero a fame, o cansazo, os golpes, todo
iso xunto fai que… A xente, pola fame e o cansazo caíase, morría, nos tiñamos
que seguir o traballo. Xa había uns encargados de levar os cadáveres.
Eu coñecín un pan rectangular, repartían un
cuarto de pan para cada un. Primeiro cortaban unha rebanda de pan duns dous
centímetros de espesor, a repartir entre o kapo e o Stubendienst e o resto para
nós. Esa rebanda de pan podía servirlle ao kapo para traficar con calquera
cousa, conseguir unha manta, cigarros, ou para darllo ao seu favorito.
Houbo un vixiante de barracón francés
(Stubendiest) que humillou a un ruso por pedir máis comida, facéndolla comer na
súa gorra tirada no chan, coma un can. Era un triángulo vermello (da
Resistencia) e cando o volvín a ver tiña a Lexión de Honra.
A maioría dos castigos eran por desobediencia,
pero tamén en función do carácter do kapo, pola comida, polo roubo de patacas.
A condea eran vintecinco azoutes nas nádegas. Iso doe eh? Había un poldro de
tortura onde nos reclinabamos de fronte. Podiamos poñernos a gorra na boca. A
rebelión eran cincuenta azoutes. O kapo que pegaba era o Schlagueur (o
castigador). Por intentar fugarte aforcábante ou fusilábante.
No barracón viamos ás veces a kapos fodendo a
mozos rusos.
Os castigos aplicábanos no patio da chamada.
Xeralmente os domingos ao mediodía, e todos tiñamos que asistir.
No campo había unha enfermería (Revier).
Ninguén quería ir. En novembro de 1944 cuspín sangue e non dixen absolutamente
ren. Confeseillo a algúns compañeiros que me dixeron: ‘Pecha o pico, non digas
nada’. Todos sabían que a enfermería era un mortuorio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Os nomes
Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña) ...
O máis visto
-
Intervencións homenaxe Entrimo, 8-5-2021 by Deportados Ourense on Scribd
-
Jonatan Anta Borrajo Nacido no pobo de Freixido de Arriba (concello de Larouco); na comarca de Valdeorras, o estalido da guerra civil...
-
Este luns, a exposición froito da homenaxe realizada no verán do 2016 a Joaquín Balboa na comarca de Monterrei, inicia un novo percorrido p...