martes, 5 de xuño de 2018

Información do Memorial de Mauthausen sobre Abilio Álvarez Bernardo

O señor Álvarez Bernardo entrou no campo de concentración de Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941, nun transporte de 1506 presos españois procedentes do Stalag (campo de prisioneiros de guerra) XI-B en Fallingbostel. Foi rexistrado coa profesión de "bergmann" (é dicir, mineiro). En Mauthausen asignóuselle o número 5620 e foi clasificado como "rotspanier" (rojo español).
Moitos republicanos españois que foron detidos nos campos franceses despois de cruzar a fronteira de España, entraron no exército francés en 1939-40, e cando as tropas alemás ocuparon Francia en xuño de 1940, foron convertidos en prisioneiros de guerra pola Wehrmacht, coma os franceses e polacos no exército francés. Todos os republicanos españois que foron encerrados en stalags, foron separados dos seus compañeiros do Exército Francés e foron entregados pola Wehrmacht á policía secreta da Estado, a Gestapo, co acordo de Franco e Petain.
Máis de 7.000 españois e membros das Brigadas Internacionais, que loitaron pola República Española, foron enviados aos campos de Mauthausen e Gusen. En 1942, 4.400 destes prisioneros morreran.
Segundo a información da nosa base de datos, Abilio Álvarez Bernardo foi posteriormente trasladado ao castelo de Hartheim, onde faleceu o 2 de febreiro de 1942. O traslado a Hartheim indica que o prisioneiro converteuse en vítima da chamada "14 f 13". Este nome refírese á selección e matanza por gas velenoso de prisioneiros que non eran aptos para traballar ou "indesexables" por motivos políticos ou raciais. Despois da chegada a Hartheim, eran asasinados nas cámaras de gas nas próximas horas.
O nome de D. Álvarez Bernardo está incluído na "Sala dos nomes - Os mortos do CC de Mauthausen

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto