mércores, 30 de maio de 2018

Biografía de Antonio Pérez Pérez

Coa súa muller e filla
Antonio Pérez Pérez naceu nunha pequena aldea do concello ourensán de Boborás, A Costa, na parroquia de San Miguel de Albarellos. A pobreza en que vivía a súa familia obrigouno a emigrar, primeiro a Asturias, e despois a Bayonne, nos anos vinte. Alí contraeu matrimonio con Escolástica, de orixe navarra. En 1931 naceu a súa única filla, Dominique, á que non bautizou. Traballou construíndo estradas e de mineiro, ata asentarse definitivamente en Bayonne como afiador.
Unha vez comezada a II Guerra Mundial integrouse nun grupo comunista da Resistencia contra a ocupación nazi. Ademais de labores de sabotaxe e información, o grupo facilitaba a fuxida de xudeus e pilotos aliados, a través dos Pireneos.

En xaneiro de 1943 foi detido na Operación Escuma de Mar en compañía de Thérèse Manathon, Eladio Crespo, Jacinto Sánchez e Augusto García. Pasou por distintas prisións, de Bayonne e Bordeaux, onde sufriu tortura, ata chegar a Compiegne en xuño.
Carné da Federación de Deportados do seu neto
Foi deportado a Buchenwald o 17 de xaneiro de 1944 nun convoi de case 2000 homes, dos que faleceron a metade. Xunto a el ao viaxaron, nunhas condicións lamentables, 229 españois máis. Ingresou no campo co número 40623 e, despois do período de corentena no 'campo pequeno', pasou ao block 40, no campo principal, onde sobriviviu traballando de carpinteiro. Foi liberado polas tropas de Estados Unidos o 11 de abril de 1945.


Regresou a Bayonne, onde volveu traballar como afiador, no seu posto do mercado. Conseguiu a nacionalidade francesa en 1948, e militou no PCF ata o seu falecemento en 1986. Viaxou ata a terra da súa muller, Navarra, pero nunca regresou a Galicia.
Enquisa realizada polo exército de EE UU ao liberar Buchenwald
  







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os nomes

Actualizamos os datos de Nomes e Voces , e Libro Memorial . De 41 pasamos a 45 deportados, 24 dos cales morreron nos campos (en negriña)  ...

O máis visto